jueves, 4 de marzo de 2021

O problema das pontes de Konisgberg

 

Prusia foi un Estado do Mar Báltico entre Pomerania, Polonia e Lituania que existiu desde finais da Idade Media que chegou a abarcar case toda Alemania do Norte, e existiu ata o final da Segunda Guerra Mundial. O territorio prusiano pasou a ser parte da Alemaña Oriental.

Königsberg foi unha importante cidade portuaria situada nun enclave na desembocadura do río Pregolia, que desemboca na lagoa do Vístula, comunicado á súa vez co mar Báltico polo estreito de Baltisk. Foi unha cidade universitaria, sede da Universidade Albertina e, por isto, converteuse nun importante centro intelectual e cultural de Alemania, Tras a Segunda Guerra Mundial a cidade foi anexada pola Unión Soviética e pasou a chamarse Kaliningrado en 1946 en honra do líder soviético Mijaíl Kalinin. Agora é a capital do óblast de Kaliningrado de Rusia,  unha área completamente illada por terra do resto de Rusia.

Immanuel Kant nace na cidade de Königsberg, Prusia ou 22 de abril de 1724 e morre na mesa cidade o 12 de febreiro de 1804. Era o cuarto de nove irmáns, dos cales só cinco alcanzaron a adolescencia. Pasou toda a súa vida dentro ou nos arredores da súa cidade natal.

Leonhard Euler foi un celebre matemático e físico suízo que vivión no século XVIII, contemporáneo, por tanto, de Kant.. Viviu en San Petersburgo e en Berlín, que é ese momento pertencía a Prusia, Realizou importantes descubrimentos en áreas tan diversas como o cálculo ou a teoría de grafos.

Imos ver que ponte une a estes dous intelectuais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario