viernes, 17 de septiembre de 2021

Ola a todo o mundo!!



Xa estamos de volta e, como sempre, desexamos que o voso verán fose agradable, formidable , bestial... Moita auga, sol nos ollos, area e verde, verde e area, e moita luz. Durmir pouco ou moito, comer ben ou fatal, ter tempo para unha mesma ou estar rodeados sen tregua de amizades ...



Xa estamos de volta e, coma sempre, desexamos que o inicio do curso tamén sexa bo: xente que nos gusta ver de novo, lápis de cores, gomas novas ou vellas, cadernos por estrear, ..o que lle guste a cada un.

Cóntanos ti como te foi. Faino mandando unha foto do teu verán e unha palabra que defina ese tempo de vacacións do 2021 que pasou e foi agradable, formidable, bestial..



Manda a imaxe a a frase ao correo da profe ou do profe. Lembra poñer o teu nome e o curso.