domingo, 7 de marzo de 2021

8 Marzo: Mulleres que nos interesan.

 REMEDIOS ZAFRA (Córdoba 1973)






NADIA CALVIÑO (A CORUÑA 1968)



CRAT, equipo campeón da División de Honor de rugbi feminino

SONIA   VILLAPOL

Científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19

Naceu en Bretoña (Lugo). Estudou BUP no instituto de Meira.

Licenciada en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), é Doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007).

Traballou coma investigadora postdoutoral en laboratorios do Centro Nacional de investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de sanidade e investigación médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladouse un EEUU, traballou nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland (EEUU). Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington DC (EEUU).

A súa investigación científica céntrase no estudo de danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos relacionados coa morte das neuronas..

Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural. 



Ya temos a selección da Olimpiada filosófica de Galicia

 1. Banda diseñada:

Leticia Castro



Laura Pérez Domínguez

Mariña Dafonte:

2. Fotografía

Pablo Granja Lamelas






Sarai Estévez




Daniel Neira:



Leticia Valije:




3. Curtametraxe

Merkai


Por seguridade non saír


Lanzacoitelos




Na vangarda da liberdade



Volveremos a vernos



Sorte a todas e todos!!!

jueves, 4 de marzo de 2021

O problema das pontes de Konisgberg

 

Prusia foi un Estado do Mar Báltico entre Pomerania, Polonia e Lituania que existiu desde finais da Idade Media que chegou a abarcar case toda Alemania do Norte, e existiu ata o final da Segunda Guerra Mundial. O territorio prusiano pasou a ser parte da Alemaña Oriental.

Königsberg foi unha importante cidade portuaria situada nun enclave na desembocadura do río Pregolia, que desemboca na lagoa do Vístula, comunicado á súa vez co mar Báltico polo estreito de Baltisk. Foi unha cidade universitaria, sede da Universidade Albertina e, por isto, converteuse nun importante centro intelectual e cultural de Alemania, Tras a Segunda Guerra Mundial a cidade foi anexada pola Unión Soviética e pasou a chamarse Kaliningrado en 1946 en honra do líder soviético Mijaíl Kalinin. Agora é a capital do óblast de Kaliningrado de Rusia,  unha área completamente illada por terra do resto de Rusia.

Immanuel Kant nace na cidade de Königsberg, Prusia ou 22 de abril de 1724 e morre na mesa cidade o 12 de febreiro de 1804. Era o cuarto de nove irmáns, dos cales só cinco alcanzaron a adolescencia. Pasou toda a súa vida dentro ou nos arredores da súa cidade natal.

Leonhard Euler foi un celebre matemático e físico suízo que vivión no século XVIII, contemporáneo, por tanto, de Kant.. Viviu en San Petersburgo e en Berlín, que é ese momento pertencía a Prusia, Realizou importantes descubrimentos en áreas tan diversas como o cálculo ou a teoría de grafos.

Imos ver que ponte une a estes dous intelectuais.