domingo, 9 de octubre de 2016

Identidade e información.


Lembro un xogo da miña nenez (que aínda se vende en formato electrónico), chamado Quen é Quen, e que consiste en adiviñar a identidade dun personaxe misterioso a partir das preguntas que un xogador fai e os datos que o outro xogador achega sobre el. Isto permite descartar a outros personaxes coas mesmas características, ata lograr a identificación.

Este xogo veume á memoria por mor dun artigo, titulado "O filósofo de Google", sobre o Dr.Luciano Floridi, profesor de Filosofía e Ética da Información e Director de Investigación no Instituto da internet da Universidade de Oxford. Nel, exponse a súa visión do concepto moderno de identidade, que se resume en: Ti es a túa información. Ler máis

sábado, 1 de octubre de 2016

Día mundial da Filosofía



«Na celebración do Día Mundial da Filosofía subxace a convicción de que a filosofía pode achegar unha contribución fundamental ao benestar humano, a análise da complexidade e o fomento da paz.»

Mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.



O Día Mundial da Filosofía estableceuse para destacar a importancia desta disciplina, especialmente para a xente nova, e tamén para subliñar que «a filosofía é unha disciplina que estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»
Aínda que do Día Mundial vén celebrándose desde o 2002, a Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa observación en 2005.

A UNESCO destaca que este día pertence a calquera a quen lle interese o pensamento. Por ese motivo, o Día Mundial da Filosofía debe supoñer un exercicio de pensamento libre, razoado e informado sobre os maiores desafíos do noso tempo.