lunes, 17 de febrero de 2020

Noa Lutier na final autonómica da Olimpíada filosófica de Galicia.



Este curso o IES Rafael Dieste participa por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia. Este certame, que xa vai pola VII edición, ten varias modalidades  de participación segundo o curso e os intereses do alumnado e profesorado: Dilema moral, disertación, curtametraxe e fotografía.

Cada ano, os organizadores suxiren un tema diferente en torno ao que pensar. Este curso a Olimpíada propuxo un temazo: O poder dos mitos.
Pois ben, a alumna Noa Lutier, de 1º Bac A, foi seleccionada na modalidade de fotografía para representar ao noso centro na final autonómica.  Esta cita que terá lugar o próximo xoves 20 de febreiro, reúne na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda Galicia que chegan á fase final. Noa defenderá o seu traballo diante dun numeroso público entre o que se atopan, como non, os seus compañeiros e compañeiras de clase. 

A proposta de Noa é  moi persoal. A autora propón  unha reflexión chea de contrapuntos entre a vida cambiante e os mitos inmóbiles, entre o que somos e o que queremos ser, entre o individual e o colectivo, todo isto mediatizado polo poder dos mitos como narracións que dan sentido ao noso mundo, que nos liberan ou nos limitan.  
Moita sorte Noa, aínda que non a necesitas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario