lunes, 17 de febrero de 2020

Noa Lutier na final autonómica da Olimpíada filosófica de Galicia.



Este curso o IES Rafael Dieste participa por primeira vez na Olimpíada filosófica de Galicia. Este certame, que xa vai pola VII edición, ten varias modalidades  de participación segundo o curso e os intereses do alumnado e profesorado: Dilema moral, disertación, curtametraxe e fotografía.

Cada ano, os organizadores suxiren un tema diferente en torno ao que pensar. Este curso a Olimpíada propuxo un temazo: O poder dos mitos.
Pois ben, a alumna Noa Lutier, de 1º Bac A, foi seleccionada na modalidade de fotografía para representar ao noso centro na final autonómica.  Esta cita que terá lugar o próximo xoves 20 de febreiro, reúne na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda Galicia que chegan á fase final. Noa defenderá o seu traballo diante dun numeroso público entre o que se atopan, como non, os seus compañeiros e compañeiras de clase. 

A proposta de Noa é  moi persoal. A autora propón  unha reflexión chea de contrapuntos entre a vida cambiante e os mitos inmóbiles, entre o que somos e o que queremos ser, entre o individual e o colectivo, todo isto mediatizado polo poder dos mitos como narracións que dan sentido ao noso mundo, que nos liberan ou nos limitan.  
Moita sorte Noa, aínda que non a necesitas!!

lunes, 10 de febrero de 2020

jueves, 6 de febrero de 2020

Traballando con Solidariedade Internacional de Galicia

Xa comenzaron os obradoiros de Luces, cámara e acción que imparten Clara e Ángela de Solidariedade. Estamos na fase inicial, Luces, na que temos que documentarnos. 
Aquí quedan os enlaces para ler algúns dos documentos cos que traballamos en 4º ESO. Para ir empezando.