martes, 21 de noviembre de 2017

Olimpíada filosófica: dilemas morais



DILEMA 1: - Estudantado de segundo de Bacharelato dun centro educativo, dominado por unha concepción obsoleta da ensinanza, son conscentes de que cambiando determinados hábitos no seu centro, como a forma de impartir as clases ou as normas de comportamento, o éxito escolar do alumnado aumentaría moito e melloraría a ensinanza producindo unha revolución educativa. Pero están no último curso e eles xa non recibirían os beneficios desa acción e, ademais é posible que as accións que deberán tomar para facer posible o cambio, reduciran as súas cualificacións e as súas opcións de acceder á carreira elixida. ¿Que deberían facer?

DILEMA 2: - A profesora de ética do instituto está traballando co seu alumnado o tema da igualdade entre homes e mulleres na sociedade actual. Despois de dúas clases dedicadas a traballar o tema, a profesora divide a clase en grupos de traballo e propón a tarefa de elaborar un póster sobre a igualdade entre homes e mulleres. Rematado o traballo, organizará unha exposición nun sitio visible do centro para que o poida ver toda a comunidade educativa. Ao entregar os traballos, hai un no que o alumnado realizan unha defensa da inferioridade da muller e a necesidade de que ocupen posicións diferentes na sociedade, adxudicando ás mulleres a crianza dos fillos e fillas e as tarefas domésticas. A profesora admite o traballo e permite que se expoña no centro en igualdade co resto dos traballos. Algúns alumnos e alumnas deciden boicotear a exposición por calquera medio e discuten posibilidades de acción, mentres outros afirman que o dereito á libre expresión das ideas ampara que a exposición inclúa este traballo. Estes últimos teñen ao profesor da súa parte quen ameaza coa expulsión a calquera que boicotee a exposición dalgún xeito. Que farías ti. Sumaríaste ao boicot aínda baixo a posible expulsión?

DILEMA 3: - Un home novo vive coa súa nai que depende del para todo. El é a única felicidade na vida. O mozo vive na Francia ocupada durante a Segunda Guerra Mundial e síntese obrigado a alistarse coa Resistencia. Aínda que a súa nai xa perdeu ao seu marido na guerra e a outro fillo, este home pensa que o seu deber é acudir en axuda do seu país, aínda que tamén sabe que ten un deber coa súa nai. Que debe facer?


DILEMA 4: - Un obreiro dunha fábrica está convocado a unha folga laboral indefinida para conseguir mudar as condicións de traballo da súa fábrica, absolutamente inxustas pero legais (xornadas laborais de 14 horas, horas non pagadas...). Este obreiro é o único que leva cartos á súa casa e ten fillos pequenos. A folga pode supoñer que estea un mes ou mais sen cobrar ou mesmo perder o seu traballo, pero se consiguen que o empresario reconsidere a súa situación, conseguirá mudar as condicións laborais de moita xente, pero tamén sabe que é posible que o empresario contrate xente fora da súa vila para paliar os efectos da folga e que non consigan nada coa súa acción. Os seus compañeiros xa iniciaron a folga ¿Debe el sumarse a ela?

No hay comentarios:

Publicar un comentario