martes, 8 de diciembre de 2015

Outra Constitución.


Constitución de Uzupis


O 1 de abril de 1997, coincidindo co Día dos Inocentes no mundo anglosaxón, o pequeno barrio de Vilna, capital de Liyuania,  autodeclarouse independente. Cada aniversario, pecha o seu acceso polas pontes e o 'Exército da República' sela os pasaportes da xente que queira cruzar o río e dar unha volta polo distrito. Mirade a súa Constitución:


Art. 1. Todos teñen dereito a vivir preto do río Vilnelé e o río Vilnelé ten dereito a fluír preto de todos.
Art. 2. Todos teñen dereito a auga quente, á calefacción no inverno e a un tellado.
Art. 3. Todos teñen dereito a morrer, pero non é a súa obriga.
Art. 4. Todos teñen dereito a equivocarse.
Art. 5. Todos teñen dereito a ser únicos .
Art. 6. Todos teñen dereito a amar.
Art. 7. Todos teñen dereito a non ser amados, pero non necesariamente.
Art. 8. Todos teñen dereito a ser insignificantes e descoñecidos.
Art. 9. Todos teñen dereito a ser preguiceiros e a non facer nada.
Art. 10. Todos teñen dereito a amar e protexer un gato.
Art. 11. Todos teñen dereito a coidar dun can ata que un dos dous morra.
Art. 12. Un can ten dereito a ser un can.
Art. 13. Un gato non está obrigado a amar ao seu dono, pero débelle axudar nos momentos difíciles.
Art. 14. Todos teñen dereito a non saber de cando en vez que teñen obrigas.
Art. 15. Todos teñen dereito a dubidar, pero non é a súa obriga.
Art. 16. Todos teñen dereito a ser felices.
Art. 17. Todos teñen dereito a ser infelices.
Art. 18. Todos teñen dereito a gardar silencio.
Art. 19. Todos teñen dereito a ter fe.
Art. 20. Ninguén ten dereito a usar a violencia.
Art. 21. Todos teñen dereito a darse conta da súa irrelevancia e da súa grandeza.
Art. 22. Ninguén ten dereito a usurpar a eternidade.
Art. 23. Todos teñen dereito a comprender.
Art. 24. Todos teñen dereito a non comprender nada.
Art. 25. Todos teñen dereito a ter varias nacionalidades.
Art. 26. Todos teñen dereito a celebrar ou a non celebrar os seus aniversarios.
Art. 27. Todos teñen a obriga de lembrar o seu nome.
Art. 28. Todos poden compartir o que posúen.
Art. 29. Ninguén pode compartir o que non posúe.
Art. 30. Todos teñen dereito a ter irmáns, irmás e pais.
Art. 31. Todos poden ser libres.
Art. 32. Todos son responsables da súa liberdade.
Art. 33. Todos teñen dereito a chorar.
Art. 34. Todos teñen dereito a ser incomprendidos.
Art. 35. Ninguén ten dereito a botarlle a culpa ao outro.
Art. 36. Todos teñen dereito a ser subxectivos.
Art. 37. Todos teñen dereito a non ter ningún dereito.
Art. 38. Todos teñen dereito a non ter medo.
Art. 39. Non venzas .
Art. 40. Non te defendas
Art. 41. Non te rendas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario