domingo, 12 de marzo de 2023

viernes, 11 de noviembre de 2022

Teorías psicolóxicas segundo as vemos nós.

 O alumnado de 2º de Bacharelato de Psicoloxía investigou durante esta avaliación as distintas corrientes de psicoloxía e a súa vixencia na actualidade. O resultado das súas pesquisas poden verse nestas estupendas presentacións:












jueves, 8 de septiembre de 2022

Benvid@s un curso máis!!

 

Xa estamos de volta sen pandemia e con lei educativa case ser desenvolver. Deixamos atrás os Valores éticos de 1º e 3º da ESO (snif!!!) e saudamos á Educación ética e cívica en 3 ESO.

Este curso a Olimpíada Filosófica da Galicia formúlanos un novo reto: Migracións e xustiza social.  Aínda que a cuestión das migracións humanas son substanciais á nosa especie hoxe en día, dadas as desigualdades cada vez maiores e as loitas de poder, supón un desafío para a humanidade, para a política global e para a propia existencia do ser humano como tal.

Las encuestas de opinión pública sobre la migración son comunes en muchos países. Normalmente, estos sondeos tienden a formular preguntas sobre las opiniones generales de la población acerca de la inmigración y los inmigrantes. La opinión pública sobre la migración puede moldear la política migratoria e influir en ella, aun cuando las personas no tengan un conocimiento exacto del número y tipo de migrantes que residen en su país. Algunos datos apuntan a que es la política la que da forma a la opinión pública sobre la migración.

La opinión pública sobre la migración puede influir también en el grado en que los migrantes se integran en la comunidad de acogida. Los datos acerca de la opinión pública sobre la migración pueden ser un indicador útil de la apertura de las sociedades de acogida a la inmigración y a la diversidad étnica y, a veces, indicar también actitudes diferentes de las que comunican los medios de información.

Fonte: https://www.migrationdataportal.org/es/themes/opinion-publica-sobre-la-migracion

sábado, 2 de octubre de 2021

TRANSHUMANISMO, mellora ou final da especie humana?

 


Considerámonos responsable como especie da nosa mellora ou do noso fin?

Que diferencia a un ser humano dunha máquina?

Hai límites na mellora do humano?

É unha obriga moral mellorar as capacidades da especie humana?

Hai que manter en segredo algúns experimentos científicos?

Humanízanos ou deshumanízanos a tecnoloxía?

Cal é o obxectivo da tecnoloxía no mundo actual? E nun mundo transhumano?

Que ideal político sería bo para un mundo transhumano?

Son as limitación biolóxicas un erro a subsanar ou unha condición necesaria para a nosa humanidade?

En que desexamos converternos? Que queremos e debemos desexar como especie?


Pois si, xa temos o lío montado. Por se queres algo que ler sobre o tema:

Los debates del transhumanismo buscan sitio en la sociedad (El país)

Transhumanismo: visiones y contextos.

Entre utopías y distopías tecnocientíficas

Postgenerismo y transhumanismo

Documental: Transhumanismo: superpoderes humanos. (preme na imaxe para velo)





viernes, 17 de septiembre de 2021

Ola a todo o mundo!!



Xa estamos de volta e, como sempre, desexamos que o voso verán fose agradable, formidable , bestial... Moita auga, sol nos ollos, area e verde, verde e area, e moita luz. Durmir pouco ou moito, comer ben ou fatal, ter tempo para unha mesma ou estar rodeados sen tregua de amizades ...



Xa estamos de volta e, coma sempre, desexamos que o inicio do curso tamén sexa bo: xente que nos gusta ver de novo, lápis de cores, gomas novas ou vellas, cadernos por estrear, ..o que lle guste a cada un.

Cóntanos ti como te foi. Faino mandando unha foto do teu verán e unha palabra que defina ese tempo de vacacións do 2021 que pasou e foi agradable, formidable, bestial..



Manda a imaxe a a frase ao correo da profe ou do profe. Lembra poñer o teu nome e o curso.

viernes, 25 de junio de 2021

Despedida de luxo


Pois iso, despedida de curso de luxo con Lucía Rey e Wittgenstein, por cortesía do noso querido profesor e compañeiro Juan Besada.

Se como o filósofo afirma a Filosofía é unha loita  contra o meigallo da nosa intelixencia mediante o uso da linguaxe e, como calados non ides estar: meigas fóra!!!

Feliz verán!!!

E moitas grazas a Lucía, autora do magnifico retrato de Wittgenstein e futura directora de orquesta!!



domingo, 23 de mayo de 2021

Final Torneo de Xadrez

 


TORNEO DE XADREZ. FINAL INTERCENTROS 20-21

O venres 21 de maio tivemos unha visita moi especial: os campións e campioas do Torneo de Xadrez do IES Urbano Lugrís. Viñeron acompañados das profesoras África López e María Romero e dispostos a enfrontarse coa nosos campións: Daniel Rey, Miguel Fernández -1 e 2º da ESO-, Jordi Castro, gañador de Bacharelato e Kamille Praihna, premio raíña do taboleiro. 

Previamente, os nosos gañadores recibieron os seus premios:

No intercentros, despois de 3 roldas nas que cada persoa xogou dúas partidas, quedaron de finalistas Xavi e Hugo do Lugrís e Daniel do Dieste. O gañador foi Daniel Rey, a que Mateo, o director do noso instituto entregou a copa.




Se queres var máis fotos do Torneo Intercentros preme aquí.

Para ver máis fotos do III Torneo de xadrez do Rafael Dieste preme aquí.



domingo, 7 de marzo de 2021

8 Marzo: Mulleres que nos interesan.

 REMEDIOS ZAFRA (Córdoba 1973)






NADIA CALVIÑO (A CORUÑA 1968)



CRAT, equipo campeón da División de Honor de rugbi feminino

SONIA   VILLAPOL

Científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19

Naceu en Bretoña (Lugo). Estudou BUP no instituto de Meira.

Licenciada en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), é Doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007).

Traballou coma investigadora postdoutoral en laboratorios do Centro Nacional de investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de sanidade e investigación médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladouse un EEUU, traballou nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland (EEUU). Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington DC (EEUU).

A súa investigación científica céntrase no estudo de danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos relacionados coa morte das neuronas..

Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural. 



Ya temos a selección da Olimpiada filosófica de Galicia

 1. Banda diseñada:

Leticia Castro



Laura Pérez Domínguez

Mariña Dafonte:

2. Fotografía

Pablo Granja Lamelas






Sarai Estévez




Daniel Neira:



Leticia Valije:




3. Curtametraxe

Merkai


Por seguridade non saír


Lanzacoitelos




Na vangarda da liberdade



Volveremos a vernos



Sorte a todas e todos!!!

jueves, 4 de marzo de 2021

O problema das pontes de Konisgberg

 

Prusia foi un Estado do Mar Báltico entre Pomerania, Polonia e Lituania que existiu desde finais da Idade Media que chegou a abarcar case toda Alemania do Norte, e existiu ata o final da Segunda Guerra Mundial. O territorio prusiano pasou a ser parte da Alemaña Oriental.

Königsberg foi unha importante cidade portuaria situada nun enclave na desembocadura do río Pregolia, que desemboca na lagoa do Vístula, comunicado á súa vez co mar Báltico polo estreito de Baltisk. Foi unha cidade universitaria, sede da Universidade Albertina e, por isto, converteuse nun importante centro intelectual e cultural de Alemania, Tras a Segunda Guerra Mundial a cidade foi anexada pola Unión Soviética e pasou a chamarse Kaliningrado en 1946 en honra do líder soviético Mijaíl Kalinin. Agora é a capital do óblast de Kaliningrado de Rusia,  unha área completamente illada por terra do resto de Rusia.

Immanuel Kant nace na cidade de Königsberg, Prusia ou 22 de abril de 1724 e morre na mesa cidade o 12 de febreiro de 1804. Era o cuarto de nove irmáns, dos cales só cinco alcanzaron a adolescencia. Pasou toda a súa vida dentro ou nos arredores da súa cidade natal.

Leonhard Euler foi un celebre matemático e físico suízo que vivión no século XVIII, contemporáneo, por tanto, de Kant.. Viviu en San Petersburgo e en Berlín, que é ese momento pertencía a Prusia, Realizou importantes descubrimentos en áreas tan diversas como o cálculo ou a teoría de grafos.

Imos ver que ponte une a estes dous intelectuais.