jueves, 17 de octubre de 2013

A Terra canta. E os seus sons foron captados cunha claridade sen precedentes grazas a dúas sondas da NASA non 2012.

Segundo os investigadores dá NASA, os sons proveñen dunha rexión do espazo coñecida como cintos Van Allen, cintos de radiación que rodean a Terra nos que partículas cargadas son atrapadas polo campo magnético do planeta. Eses cintos, son áreas en forma de anel nas que as partículas se moven en espiral entre os polos magnéticos.


Os radioafeccionados están afeitos a recollelo nos seus equipos, soan parecido aos cantos dos paxaros. Usualmente é máis doado escoitalos á mañá, polo que ás veces se refiren a estes ruídos como o 'coro do amañecer', comentou Kletzing, un dos científicos que construíu o instrumento receptor utilizado para captar o coro. A xente soubo do coro dende hai décadas, explicou.


Así soarían os cintos de radiación a un ser humano se en lugar de oídos tivésemos antenas, dixo, explicou o investigador.



miércoles, 7 de noviembre de 2012

PLATÓN: PRÁCTICA DE COMENTARIO GUIADO



-->
PLATÓN, texto 1República libro IV, 427e—435c
(...)
-Ben. Xa vimos, segundo parece,  tres calidades da cidade, e en canto á especie que resta para que a cidade alcance a excelencia ¿cal podería ser?. É evidente que a  xustiza.
(...)
Pois o que establecimos dende o principio que debía facerse en toda circunstancia, cando fundamos a cidade, segundo a miña opinión, é a xustiza ou unha especie desta. Pois establecimos, se recordas,  e moitas veces xa o repetimos, que cada un debía de ocuparse dunha soa cousa de entre as que concirnen á cidade, precisamente daquela na que estivese mellor  preparado por natureza.
- En efecto, dixémolo.
-E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nos dixemos repetidamente.
-En efecto, afirmámolo frecuentemente.
-Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu. ¿sabes de onde o deduzo?
-Non, pero dimo ti.
-Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por ver  na cidade, é o que da a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres pemaneza  nelas. E xa dixemos que se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase.
-Por forza é así.
-Non obstante, se fose preciso discernir cal  destas calidades fará á nosa cidade mellor, resultaría difícil discriminar se consiste nunha coincidencia  de opinión entre os gobernantes e os gobernados, ou se é a conservación da opinión consonte á lei que hai entre os militares acerca do que debe ser temible ou non, ou a intelixencia  e a vixiancia entre os gobernantes; ou iso que fai mellor á cidade   consiste, tanto no neno coma na muller, no escravo coma no home ceibe, e no artesán, no gobernante e no gobernado, en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao alleo.
-Dende logo, sería dificil. ¿Como non?
-Entón, segundo parece, en relación á excelencia  da cidade,  a capacidade de facer cada un o seu nela  pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa valentía.(...)
-Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da  xustiza mesma, senón que será semellante.
-Semellante, en efecto.
-Porén, unha cidade parece xusta cando os tres tipos de naturezas que existen  naquela fan cada un o seu; e pareceunos moderada, valente e sabia a causa dalgunhas outras afeccións e hábitos  deses mesmos tipos de naturezas.
-É verdade.
-Por conseguinte, querido amigo, estimaremos que quen teña eses mesmos tipos na súa alma, a causa das mesmas afeccións que aqueles, é ben merecedor de recibir os mesmos apelativos que a cidade.
PLATÓN; República libro IV, 427e—435c
Versión galega de M. Teresa Miñambres Gómez – I.S. Eduardo Pondal – Santiago de Compostela
PLATÓN TEXTO 1.
  1. NON PODES FACER O COMENTARIO SEN TER UNHA IDEA DE FILOSOFIA DO AUTOR.
  2. De que é o texto? Aque obra pertence o fragmento? Sitúa o autor crololoxicae espacialmente; da unperfil do filosofo ou da relevancia da súa filosofía; sitúa a obra no periodo correpondente e comenta algo do estilo en relación co método filosófico utilizado por Platón.
  3. Rele cada una das tres opción de contexto. Relaciona cada unha delas co tema tratado no texto, nunha liña ou nun breve párrafo.
  4. Indica o tema do texto e a que rama da filosofía pertence (ontoloxía, epistemoloxía, ética, política ou antropoloxía)
  5. Analise guiado do texto.
    1. Posese dividir o texto en partes?
    2. Expresa nunha liña o que di o 1º párrafo, aclarando a que tres calidades se refire. Chamalle I1.
    3. No 2º párrafo, como define Platón xustiza? Chamalle I2.
    4. No 3º párrafo Platón afirma “a xustiza parece que consiste en facer cada uno o seu” Podes relacionar esta afirmación coa definición de xustiza?
    5. Define moderación, valentía e sabiduría.
    6. No 5º párrafo Platón ofrece varias opción. Relaciona cada una delas con una das virtudes.
    7. Que di Platón no 6º párrafo? Chamalle I3.
    8. Decide se I1, I2 e I3 son teses principais ou secundarias.
  6. Desenrolo do comentario de texto:
    1. Como é que Platón chega a plantexarse o tema tratado no texto?
    2. Antes de explicar o contido do texto, cres que hai algo da filosofía de Platón que dabamos saber? Explicao.
    3. Fai un guión cos diferentes apectos da filosfía platónica que terías que tocar para explicar I1, I2 e mais I3.
    4. Ten Platón claro o tipo de polis que quere? Que sabes dela?
    5. Quen son os sofistas? Que pensarían deste modelo de polis?
    6. Platón rexeita a democracia? Sabes por que? Que argumentos utilizarías para convencelo de que a democracia pode funcionar? Lembra situarte nos paramétros do seu contexto.

domingo, 25 de marzo de 2012

Día mundial da auga.

O pasado xoves celebrouse unha xornada mási doDía Mundial da Auga. Cada ano por estas datas invitase aos diferentes Estados a dedicar este día ao tema con actividades concretas para o fomento da conciencia pública.
Esta celebración é coordinada pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura FAO. Este ano o tema será o da relación da auga e a seguridade alimentaria. Para o que programaronse tres eventos internacionaies importantes: o Foro Mundial da Auga, o Día Mundial e a semán Mundial do Auga. Todos abordarán as relaciones entre a auga e mais a producción de alimentos.




Porén, unha parte da cidadanía preocupada polo tema e excluída do foro celebra nas mesmas datas un foro alternativo que se chama asi precisamente: Foro Alternativo Mundial del Agua.


viernes, 16 de marzo de 2012

ANTROPOLOXÍA DO PARENTESCO I: O MATRIARCADO



Moitos antropólogos cren que a familia, entendida do xeito que sexa, é un grupo de persoas que cumple funcións vitais como o sexo, reprodución, educación, subsistencia. A prohibición de relación sexual entre persoas unidas por determinados vínculos de parentesco, e decir, o tabú do incesto, aplícase universalmente á familia, sexa nuclear ou extensa. As persoas pertencen a dúas familias, unha de orientación, onde nacen e se crían, e outra de procreación, na que ingresan mediante o matrimonio. Pero, quen manda na familia? Os homes ou as mulleres?

Imos empezar o tema do parentesco polemizando sobre o poder da muller, e decir, o matriarcado. Le o artigo ao que leva este enlace e despóis déixate sorprender polo que nos contan as mulleres chinesas do video que vai a continuación.

viernes, 7 de octubre de 2011

XUÍZO A SÓCRATES

A figura de Sócrates, a súa vida e todo o proceso que conducíu á súa morte foi recreado no mundo da arte infinidade de veces. Aquí vos deixo un fragmento da película de O mundo de Sofía, baseada na obra do mesmo título, de Jostein Gaarder (en 1991), no que se recolle o xuízo e condena a Sócrates. 
Neste fragmento utilízanse imaxes da película Sócrates, que dirixiu Roberto Rossellini en 1971 e que tamén está accesible na rede. 


Espero que o disfrutedes!

lunes, 21 de febrero de 2011

Youtube vén na vosa axuda...


De cara á preparación do exame de Filosofía moderna I (Descartes, Hume, Locke), deixámosvos tres enlaces para mergullarse noutros tantos vídeos que poden aclararvos algúns aspectos do tema. E se vos animades a ver as pelis completas de Galileo ou Lutero, mellor que mellor...
- Para a ciencia moderna, o momento da abxuración de Galileo, na película "Galileo", dirixida por Liliana Cavani en 1969.
- En relación á Reforma protestante, o trailer da película sobre a vida de Lutero, dirixida por Eric Till en 2003 (témola na biblioteca).
- E, por último, para repasar a David Hume, estaría ben ver o vídeo didáctico do Dr. Mostaza (hai doutros autores; podedes seguir investigando).


viernes, 10 de diciembre de 2010

O SEÑOR DAS MOSCAS.




O señor das moscas (Lord of the flies), a soada novela de William Golding imaxina o accidente dun avión nunha illa perdida no Pacífico. Os únicos sobrevivientes son nenos. Da pouco, constitúense dous bandos: un racional, celoso de manter a cordura e a lóxica, e o outro que se converte nunha tribo de cazadores, fascinados polo xogo da caza e a violencia. Máis aló da aparencia dunha "historia para nenos", a novela de Golding plantexa o tema da condición civilizada do ser humano.A cotinuacio teneis unhas cuestións que poden axudarvos a reflexionar subre o asunto.


1. A existencia dos rapaces lembra ao mencionado “estado de natureza”; como se reflicte isto no texto?
2. Quizais as orixes da cultura foran semellantes; tal vez a situación descrita na novela mantén algunha diferencia esencial e evidente. Descubriches algunha?.
3. O Estado, os intelectuais, o Parlamento, os militares...son diferentes estamentos que teñen unha función ben precisa na nosa sociedade aínda, que a miúdo, cuestionase a súa necesidade. Atopas representados, dalgún xeito estes estamentos na película?
4. Como interpretas as continuas referencias a “os maiores”?.
5. O dominio do lume foi un paso definitivo para a constitución da nosa sociedade e, á vez, diferenciador da nosa condición de humanos fronte os outros animais; que sentido ten o lume na película?
6. Hai, na pelicula, toda unha serie de elementos simbólicos con posibles equivalenzas na nosa cultura e que, sen dubida inciden na organización da nosa cultura. Trata de descrubrir esta simboloxía nos seguintes elementos: caracola, fume, xabarín, o señor das moscas.
7. O filosofo Thomas Hobbes, falando dos rasgos do ser humano resumía a súa natureza dicindo que “O home é un lobo para o home”; Jean Paul Sartre chega a decir “O inferno son os outros”. Explica como estas sentencias se cumplen na película.
8. O sentido da existencia nos persoaxes que aparecen na pelicula abarca un abano que vai dende o xogo ao deber. Analiza como viven o sentido da existencia: Ralph, Jack, Piggy, os xemelgos, Simon.
9. Que che suxiren as danzas?
10. Explica os binomios:
Intelixencia sen forza- debilidade
Forza sen intelixencia- regresion.

jueves, 9 de diciembre de 2010

Tribus en Carballo

Aqui temos o resultado da primeira investigación antropolóxica sobre as tribus na vila de Carballo. Recoñécese alguén como membro desta tribu? Danos a túa opinión sobre esta caracterización dos skaters.

martes, 16 de noviembre de 2010

Aristóteles, comprensión (2º Bach)

E agora si que nos metemos de cheo no pensamento aristotélico, tanto no referido á realidade (Física e Metafísica) como ao ser humano (Antropoloxía, Ética e Política).

Aristóteles, vida e obra (2º Bach)

Tras a introdución contextual, un pouco sobre a vida e a obra de Aristóteles, o Estaxirita, ou tamén, o peripatético...

Aristóteles, marco histórico (2º Bacharelato)

Pasamos a Aristóteles, o discípulo crítico de Platón. Entramos de cheo no que lle distancia de Platón (no plano ontolóxico e epistemolóxico), e logo tratamos un pouco sobre o seu tempo e o que lle segue; isto último moi marcado pola figura de Alexandre Magno.


Para ambientarse, xa sabedes que recomendo ver a película Alejandro Magno (Oliver Stone, 2004), da que vos deixo aquí o trailer:


lunes, 15 de noviembre de 2010

Preguntas filosóficas (1º Bach)

Deixovos aquí o segundo tema, acerca dos grandes interrogantes filosóficos.

E para que vos entreteñades un pouco con algunhas ilusións ópticas máis indícovos algúns enlaces de entre os moitos posibles: ilusiones ópticas, portalmix, psicoactiva, ilusionario ... Tamén hai cousas moi chulas en youtube como ilusiones ópticas, Julian Beever, ilusionesopticas 2, etc. Que o disfrutedes!

domingo, 14 de noviembre de 2010

Relativismo moral (Ética e Filosofía do Dereito)

Neste segundo tema adentrámonos na historicidade e diversidade dos códigos morais de diferentes épocas e culturas para logo profundizar nas súas formas de lexitimación. Noutras palabras, imos intentar poñernos na pel doutros adoptando novas perspectivas e, se cadra, dese modo poderemos afacernos con novos instrumentos para coñecernos un pouco mellor.